14 feb 2010

ENTROIDO NO PRÍNCIPE FELIPE

No cole celebramos o entroido con disfraces e tamén cantamos unhas coplas que inventamos entre o alumnado e as/os profes coa melodía d´A saia da Carolina. Estes foron os resultados:
INFANTIL (Pingüíns)
Celebrando o entroido
e papando nas filloas,
con caretas e antifaces
xogando todas as horas.
Bailaches Carolina?
Bailei si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu amor...
1º CICLO (Robin Hood / Reloxos)
Manuela e Sonia non bailan
porque non saben bailar.
Bailade profes, bailade,
que vos imos ensinar.
Bailaches profesora?
Bailei si señor.
Dime porque bailaches.
Porque alguén me ensinou...



TERCEIRO (Xardineiros)
Os cativos de terceiro
son uns grandes xardineiros
coas nosas palas e cubos
todos cara o xardín.
Medraches miña planta?
Medrei si señor.
Dime como medraches.
Medrei coa luz do sol...


CUARTO (Xardineiros)
Coa crise os xardineiros
traballamos moi barato,
uns arrímanse á "pala"
outros arrímanse ó sacho.
Traballas (nome dun neno/a)
Traballo si señor.
Dime con que traballas.
Traballo co meu sacho.
Co sacho (nome dun neno/a)
non debes traballar
que che amola o lombo
e é malo de curar.






3º CICLO (Bonecos de neve)
Os nenos de quinto e sexto
ímonos a disfrazar,
poñemos unha gorriña,
bufanda e guantes na man.
De que vas disfrazado,
de branco ata os pés?
De boneco de neve,
e logo non me ves?

Os disfraces dos rapaces
teñen os botóns pintados,
o nariz de cartolina
e unha vasoira con rabo.
Bailade bonequiños
bailade sen parar,
porque con este frío
ídesvos conxelar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario